25 Marzo, 2024
A deseñadora Sara Lage completa a lista de nomes para as Grandes Firmas desta XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. Máis coñecida como “La reina del encaje”, traerá á pasarela unha colección tres modelos e a súa característica superposición de prendas e mestura de texturas, cun patronaxe diferente
“Sempre digo que a Miña carreira comezou coa Mostra do Encaixe e coa aplicación do encaixe, nun momento no que eu estaba comezando a facer cousas de noiva e a xente comezoume a coñecer por iso”, explica.
Sara Lage adianta que “os tecidos que uso nos vestidos que presentarei son todos naturais: sedas rústicas, sedas, lás...”. “O encaixe é o que lle aporta o punto máis especial, suma moito ás nosas creacións, non só aos vestidos que presentamos na Mostra se non aos que facemos durante todo o ano para as noivas”.