25 Marzo, 2024
O Concello de Camariñas comezou esta semana as obras de pavimentación das rúas que integran o núcleo de Dor, na parroquia da Ponte do Porto, unha actuación que conta cun orzamento total de 30.000 euros, financiada a través do Plan Único da Deputación da Coruña.
O proxecto ten o obxectivo de mellorar a seguridade viaria na zona, tanto para os peóns como para o tráfico rodado, xa que actualmente as vías deste núcleo presentan fochancas, gretas, ou afundimentos. Os traballos que se levarán a cabo inclúen a pavimentación con aglomerado asfáltico destes tramos.