Os seis irmáns da banda deseñada máis famosos de Galicia, Os Bolechas, non se queren perder a Mostra 2024

Os seis irmáns da banda deseñada máis famosos de Galicia, Os Bolechas, non se queren perder a Mostra 2024

Os seis irmáns da banda deseñada máis famosos e famosas de Galicia, Os Bolechas, non se perderán a XXXIII edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, que se celebrará do 27 ao 31 de marzo de 2024.

 

Para esta ocasión, editarase unha publicación especial, e como non pode ser doutra maneira, co encaixe como protagonista. “Os Bolechas veñen aprender a palillar en Camariñas” é o título escollido. Os propios protagonistas entregarán a publicación ás alumnas e alumnos da Escola municipal de Palillo.

 

Está previsto que tamén realicen a entrega de premios ás encaixeiras e encaixeiros infantís, a cativada que, ano tras ano, garante a transmisión xeracional desta centenaria e singular maneira de tecer os fíos e entender a vida.

 

Así, si eres fan de Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia, Tatá e o seu inseparable cadeliño Chispa, tes outro motivo para visitar Camariñas esta Semana Santa. Na triséximo terceira edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña.