04 Marzo, 2024
O Concello de Camariñas iniciou esta semana as obras de pavimentación das pistas no lugar de Trasteiro, na parroquia de Xaviña. A actuación, que conta cun orzamento total de 51.644,32 euros, está financiada a través do Plan Único da Deputación da Coruña.
Os traballos que se están a levar a cabo permitirán renovar a vía, que está bastante deteriorada, e consisten, en primeiro lugar, na limpeza das cunetas e o acondicionamento do terreo para, posteriormente, proceder ao pavimentado do firme mediante aglomerado asfáltico.