19 Xuño, 2023
Unha vez finalizado o prazo de inscrición do Obradoiro deportivo de tempo libre - verán 2023, comunicamos que todas as inscricións foron admitidas.
Deste xeito tódol@s rapaces e rapazas que realizaron a inscrición poderán disfrutar da actividade.
O Obradoiro levarase a cabo en tódalas parroquias durante as 4 quendas, dado que se superou o número mínimo de participantes establecido en cada unha delas.
Así mesmo, rogamos que as solicitudes que non formalizaron o pago da cuota establecida o fagan nos vindeiros días (venres 23 como data límite) achegando o xustificante de pago no departamento de deportes ou vía email (deportes@camarinas.net).
As inscricións que finalmente renuncien a participar no Obradoiro deben enviar un correo a deportes@camarinas.net manifestando dita renuncia, coa maior brevidade posible.
Si houbera alguén máis interesado e se lle pasara o prazo de inscrición, pode poñerse en contacto co departmaento de deportes para corroborar si houbera prazas libres nas quendas e parroquias desexadas.
O inicio da actividade será o luns 3 de Xullo co comezo da 1ª quenda.
O horario de entrada será ás 10h ao igual que de todo o verán, no Pavillón Municipal Víctor Vigo de Camariñas, no Pavillón Municipal de Ponte do Porto e no Museo de Man de Camelle, segundo corresponda. A hora de saída será ás 13:30h.
Calquera dúbida ou suxerencia, non duden en poñerse en contacto co departamento de deportes no teléfono 662519133.