A Mostra do Encaixe de Camariñas, presente na Semana Verde de Galicia

  • O Concello expón as pezas que o alumnado da EASD Mestre Mateo levou ao desfile de ArtEncaixe e a colección gañadora do concurso de Jóvenes Deseñadores.
  • Sandra Insua e as concelleiras Encarna Liñeiro e Begoña Tajes asistiron hoxe á inauguración do evento, en Silleda.

 

A Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña está presente na XLV Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, que se celebra desde hoxe, xoves 8 de xuño, ao domingo 11 de xuño en Silleda (Pontevedra).

 

O Concello de Camariñas conta cun posto no que se expoñen ao público as pezas creadas por 14 alumnos e alumnas de 1º curso de Xoiería da EASD Mestre Mateo para o desfile de ArtEncaixe da pasada Mostra e tamén a colección gañadora do último concurso de Noveis Deseñadores, obra de Uxía Loureira. Ademais, cada xornada haberá dúas palilleiras da Asociación Puntillas e Rendas de Camariñas.

 

Asistiron á inauguración a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, a concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro, e a concelleira Begoña Tajes, acompañados da directora da Mostra do Encaixe, Dolores Lema.