26 Maio, 2023
A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, conseguiu que o Instituto Social de la Marina (ISM), situado na avenida Ambrosio Feijoo do municipio, recupere a partir do 1 de xuño o seu horario habitual de atención ao público, despois de modificalo o pasado 1 de maio.
Insua púxose en contacto coa subdelegada do Goberno, María Rivas, para que se rectificase o cambio polo que, desde o 1 de maio, o ISM pasou a atender só os martes e os xoves de 9 a 14 horas cando o viña facendo de luns a venres de 9 a 14 horas.
Agora o ISM rectificou e, a partir do 1 de xuño, volverá a atender de xeito presencial como o facía previamente, é dicir, de luns a venres e de 9 a 14 horas.