14 Marzo, 2023
A empresa Stolt Sea Farm volverá ser un dos principais patrocinadores da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas.
A alcaldesa, Sandra Insua, xunto coa concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, a directora da Mostra, Dolores Lema, e o director de Sustentabilidade de Stolt Sea Farm, Carlos Tavares, definiron as liñas do acordo de colaboración entre ambas entidades.
Deste xeito, a empresa contribuirá para a promoción do Encaixe de #Camariñas, co obxectivo de financiar as actividades que sexan necesarias para pór en valor á muller como elemento dinamizador do municipio a través do seu labor de palilleira.
Ademais, tamén organizará unha degustación de rodaballo no recinto da Mostra e serán os encargados de entregar o segundo premio no certame de Noveis Deseñadores.