08 Marzo, 2023
O Concello de Camariñas publicou no taboleiro de anuncios municipal o proceso de autorización para a instalación dunha cafetería no recinto de celebración da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña.
A administración local solicita á adxudicataria un canon de 700 euros pola explotación deste servizo. O prazo para presentar ofertas remata este venres, 10 de marzo, e pode formalizarse de 9 a 14 horas no Rexistro Xeral.