Sandra Insua urxe á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade “a reactivar o proxecto de prolongación da autovía ata Calo”

Sandra Insua urxe á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade “a reactivar o proxecto de prolongación da autovía ata Calo”

  • A alcaldesa reuniuse con Ethel Vázquez e lembrou que “xa van moitos anos de promesas incumpridas”, sinalando que “é unha infraestrutura esencial para mellorar a mobilidade da veciñanza e a competitividade das nosas empresas”.
  • No encontro tamén se abordou o amaño da estrada AC-432 e dalgúns tramos de vías antigas que aínda son propiedade autonómica.

 

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, reuniuse onte, xoves 16 de febreiro, coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e aproveitou o encontro para urxir á Consellería “a reactivar o tan demandado proxecto de prolongación da autovía da Costa da Morte ata Calo”.

 

Insua lembroulle á conselleira que “xa van moitos anos de promesas incumpridas” neste sentido por parte do goberno autonómico e sinalou que “é unha infraestrutura esencial para mellorar a mobilidade dos nosos veciños e veciñas e tamén a competitividade das nosas empresas”.

 

Ademais, a rexedora tamén demandou que “se vaia completando, tal e como se deseñara e prometera no seu momento, o itinerario previsto para a autovía da Costa da Morte na súa totalidade”.

 

No encontro tamén se abordaron otros temas como o amaño da estrada AC-432 que une Camariñas con Vimianzo e que se atopa moi deteriorada, sobre todo tras os últimos temporales, e dalgúns tramos de vías antigas que aínda son propiedade autonómica como o da Ponte do Porto onde está o Taller Alvite, outro en Dor, no Ariño o una curva do Rojo.