O Concello inicia as obras de renovación do pavimento en Brañas Verdes e no acceso ao “Hermanas Patiño”

  • Esta actuación ten un orzamento de 48.375,80 euros e está financiada a través do Plan Único da Deputación da Coruña.

 

O Concello de Camariñas levou a cabo a acta de replanteo previa ao inicio dos traballos para a renovación do pavimento no acceso ao “Hermanas Patiño” e en Brañas Verdes, un proxecto que conta cun orzamento de 48.375,80 euros e que está financiado a través do Plan Único da Deputación da Coruña.

 

Os traballos suporán a renovación do pavimento, por unha banda, nun tramo de estrada que dá acceso ao campo de fútbol municipal “Hermanas Patiño” desde outra vía municipal que vai desde o núcleo urbano ata o Faro Vilán e, pola outra, actuarase nunha vía ao sur do núcleo de Brañas Verdes, que dá acceso a algunhas casas.