O Concello inicia a construción dunha senda peonil na pista de Lingunde

O Concello inicia a construción dunha senda peonil na pista de Lingunde

  • Esta actuación ten un orzamento de 71.000 euros e está financiada a través do Plan Único da Deputación da Coruña.
  • Ademais da senda, que se desenvolverá na marxe esquerda da vía, mellorarase o pavimento da calzada, instalarase a canalización de pluviais e pintaranse tres pasos de peóns.

 

O Concello de Camariñas levou a cabo a acta de replanteo previa ao inicio dos traballos  para a construción dunha senda peonil para mellorar a seguridade nun tramo da pista de Lingunde que dá servizo aos veciños e veciñas da zona habitualmente e que no verán é moi utilizada ao estar ao carón da praia.

 

O proxecto, ao que se destinan 71.662,79 euros, está financiado a través do Plan Único 2022 da Deputación da Coruña e contempla a execución dunha senda peonil na marxe esquerda da mencionada vía.

 

Ademais, os traballos inclúen a pavimentación do tramo da calzada destinada á circulación de vehículos, a instalación da canalización para a recollida e evacuación das augas pluviais e o pintado de tres pasos de peóns.