“Camariñas está de moda”, a XXXII Mostra do Encaixe reivindica a relevancia da súa pasarela, do encaixe e do territorio

“Camariñas está de moda”, a XXXII Mostra do Encaixe reivindica a relevancia da súa pasarela, do encaixe e do territorio

 

  • A trixésimo segunda edición da Mostra, que foi presentada hoxe ao público en FITUR no stand de Turespaña, destaca a influencia da súa pasarela de moda, a aplicación do encaixe como complemento e na roupa e as paisaxes do municipio.
  • No vídeo promocional faise un percorrido por todas as parroquias do municipio a través dunha pasarela vermella, na que desfilan voluntarios e voluntarios da Mostra.
  • Sandra Insua animou ao visitante a que veña a Camariñas en Semana Santa “a coñecer a nosa tradición” e asegurou que “vos quedaredes con gañas de repetir para coñecer máis do que somos e de todo o bo que nos rodea”.

 

A Feira Internacional de Turismo (FITUR) que se celebra estes días en IFEMA (Madrid) volve a ser o lugar escollido polo Concello de Camariñas para presentar a XXXII edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, que se celebrará do 5 ao 9 de abril e que co lema “Camariñas está de moda” quere reivindicar a relevancia da súa pasarela de moda e a aplicación do encaixe como complemento e na roupa.

 

Esta edición redobla a aposta por destacar a tradición milenaria do encaixe de Camariñas como un elemento de moda que está á vangarda e que está a ser empregado por moitos dos deseñadores máis recoñecidos a nivel nacional. Para isto, a Mostra do Encaixe de Camariñas quere valerse dun marco incomparable como son as paisaxes fermosas e impoñentes das coas que conta o municipio.

 

Na presentación, realizada no stand de Tourespaña, deuse a coñecer por primeira vez o vídeo promocional, no que, a través dunha pasarela vermella na que desfilan con encaixe varios voluntarios e voluntarias da Mostra que estaban dispoñibles no momento da gravación, faise, da man das palilleiras, un percorrido polos lugares máis recoñecibles de cada unha das parroquias que conforman o concello: Camariñas, Camelle, Arou, Santa Mariña, Xaviña e Ponte do Porto.

 

O remate do vídeo, ao igual que a imaxe do cartel desta trixésimo segunda edición, é coa pasarela chegando a Reira para presenciar á paisaxe máis recoñecible de Camariñas en todo o mundo: o Cabo Vilán e o seu Faro, flanqueado polo impoñente e bravo océano Atlántico.

Todas as parroquias e lugares emblemáticos do municipio están representados nesta peza audiovisual:

 

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, afirmou que “o noso eslogan deste ano máis que un eslonga é unha realidade” e explicou que “Camariñas está de moda grazas á nosa pasarela, coñecida en todo o mundo e que, durante uns días nos convirte en capital nacional da moda, grazas ao encaixe, unha tradición milenaria que soubo adaptarse para ser agora un elemento de vangarda que os grandes deseñadores aplican nas súas creacións para darlles valor, e grazas tamén ao noso territorio porque xa o dixemos o ano pasado, e seguimos convencidas, de que en Camariñas está o paraíso”.

 

“Camariñas está de moda, e queremos que veñades comprobalo. Queremos que veñades coñecer a nosa tradición, gozando de todo a programación de actividades que rodean á Mostra do Encaixe, e quedédesvos con ganas de repetir para coñecer máis do que somos e de todo o bo que nos rodea. Espero que non soe presuntuoso pola miña banda, pero estamos seguros de que volveredes”, rematou.

 

A XXXXII Mostra do Encaixe seguirá na liña dos últimos anos, apostando pola innovación e  integración do encaixe nas diferentes artesanías galegas ademais dos desfiles de moda coa presenza dalgúns dos mellores deseñadores e deseñadoras do país e tamén das promesas do mundo do deseño co concurso de jóvenes deseñadores.

 

Pantallas no centro de Madrid

 

Para contribuír á difusión da XXXII Mostra do Encaixe o Concello de Camariñas, ao igual que xa fixera no ano 2020 e no 2022, decidiu levar a Mostra do Encaixe a pleno centro de Madrid. Así, aproveitando a presentación da Mostra en FITUR, programou que durante toda a semana do 16 ao 22 de xaneiro se proxectase nas grandes pantallas dixitais de Callao en Gran Vía un cartel promocional.

 

A protagonista deste cartel, ao igual que do vídeo e do cartel oficial, é unha voluntaria da Mostra que aprecia o fermoso paisaxe que ofrece, desde Reira, o Cabo Vián.

 

Na imaxe pode verse o slogan desta edición: “Camariñas está de moda” e unha clara referencia ás datas de celebración do evento: “Siempre en Semana Santa”.

 

O obxectivo desta acción publicitaria é o de continuar a promocionar a Mostra do Encaixe e o turismo en Camariñas fora das nosas fronteiras, para afianzar o evento como capital da moda durante a Semana Santa e atraer un maior número de visitantes.

 

SPOT PROMOCIONAL XXXII MOSTRA DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS