19 Xaneiro, 2023
Para contribuír á difusión da XXXI Mostra do Encaixe o Concello de Camariñas, ao igual que xa fixera no ano 2020 e no 2022, decidiu levar a Mostra do Encaixe a pleno centro de Madrid. Así, aproveitando a presentación da Mostra en FITUR, programou que durante toda a semana do 16 ao 22 de xaneiro se proxectase nas grandes pantallas dixitais de Callao en Gran Vía un cartel promocional.
A protagonista deste cartel, ao igual que do vídeo, é unha voluntaria da Mostra que, desde unha alfombra vermella, aprecia o fermoso paisaxe que ofrece, desde Reira, o Cabo Vián e o seu impoñente faro.
Na imaxe pode verse o slogan desta edición: ‘Camariñas está d emoda’ e unha clara referencia ás datas de celebración do evento: ‘Siempre en Semana Santa’.
O obxectivo desta acción publicitaria é o de continuar a promocionar a Mostra do Encaixe e o turismo en Camariñas fora das nosas fronteiras, para afianzar o evento como capital da moda durante a Semana Santa e atraer un maior número de visitantes.