Presentación da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña en FITUR, Madrid

Presentación da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña en FITUR, Madrid

O Concello de Camariñas presentará mañá, xoves 19 de xaneiro, ás 18:30 horas, a XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña na Feira Internacional de Turismo (FITUR) de Madrid.

 

No acto, que se levará a cabo no stand de Turespaña, farase público o vídeo promocional da edición número 32 da Mostra do Encaixe. A presentación correrá a cargo da alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua.