18 Xaneiro, 2023
O Concello de Camariñas deu comezo aos traballos para a pavimentación do camiño de Portocelo, Atalaya e Castillo, na parroquia de Camariñas. Unha actuación que conta cun orzamento de 46.014,42 euros e que está financiada a través do Plan Único da Deputación da Coruña.
Esta obra consiste na limpeza das beiravías e o pavimentado do firme, con triple rego asfáltico, xa que actualmente este camiño atópase sen pavimentar, presentando unha plataforma natural, mestura de terra pedras, que impide o seu uso normal para o paso de peóns.