09 Xaneiro, 2023
O Concello de Camariñas publicou a novena entrega do programa “Eu Son Camariñas” que lle dá voz a Sol María Pose Méndez, unha porteña que estudou bioloxía na USC e que actualmente traballa como científica na Universidade Técnica de Braunschweig.
Con esta entrevista remata a primeira temporada de “Eu son Camariñas”, un proxecto municipal creado para dar visibilidade a diversos camariñáns que destacan no seu ámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou social. Todas as conversas cos camariñáns senlleiros poden verse na páxina web www.eusoncamarinas.es.
Nesta ocasión a protagonista e Sol María Pose Méndez, unha científica que naceu na Ponte do Porto pero que, por motivos laborais, actualmente reside en Alemaña. Alí investiga sobre as neuronas e a posibilidade de conseguir que estas se rexeneren, algo que a día de hoxe é imposible nos humanos pero si o é noutros animais como os peixes.
Estou bioloxía na USC e realizou un Mestrado nese mesmo campus santiagués. Foi entón cando comezou a súa investigación en torno as neuronas e esa capacidade de rexeneración que posen os peixes. O longo deste capítulo do “Eu Son Camariñas” explicaranos a importancia das neuronas e o seu funcionamento, como se estuda e que se sabe desa habilidade de rexeneración e que beneficios podería ter nun futuro para os seres humanos. Ademais, mentres visita lugares emblemáticos da vila porteña como é o posiño, Sol Pose narra o seu camiño até chegar a Alemaña.
Pode verse o vídeo completo da entrevista en
https://eusoncamarinas.es/entrevistas-esc/sol-maria-pose-mendez-cientifica-da-ponte-do-porto/