O Concello decreta ampliar o horario de apertura da hostalaría e restauración dúas horas máis os días 31 de decembro, e 1 e 6 de xaneiro

O Concello decreta ampliar o horario de apertura da hostalaría e restauración dúas horas máis os días 31 de decembro, e 1 e 6 de xaneiro

  • A alcaldesa, Sandra Insua, incide en que “este sector foi un dos máis castigados durante a pandemia, e para amosar o noso compromiso e apoio tomamos esta medida para dinamizar o tecido socioeconómico e produtivo da nosa localidade”.

 

O Concello de Camariñas, mediante un decreto de alcaldía, decidiu ampliar o horario de apertura dos establecementos de restauración, ocio e entretemento dúas horas máis do establecido durante os días 31 de decembro, e tamén o 1 e o 6 de xaneiro do vindeiro 2023.

 

Nestas datas, a restauración e o ocio xogan un papel fundamental para a revitalización da economía camariñana, así como a normalidade social perdida nos últimos anos.

 

Esta ampliación queda supeditada a que os titulares de ditos establecementos públicos (restaurantes, salóns de banquetes, cafetarías, bares, salas de festas, discotecas, pubs e cafés espectáculo) dispoñan da correspondente licencia municipal de aperrtura outorgada ou de Declaración Responsable para o inicio da actividade.

 

A alcaldesa, Sandra Insua, incide en que “este sector foi un dos máis castigados durante a pandemia, e para amosar o noso compromiso e apoio tomamos esta medida, favorecendo así a dinamización do tecido socioeconómico e produtivo da nosa localidade”.