Papá Noel percorrerá as rúas de Camariñas este sábado, 24 de decembro

Papá Noel percorrerá as rúas de Camariñas este sábado, 24 de decembro

  • Sandra Insua recibirá a Papá Noel na casa do concello antes de comezar a cabalgata, con inicio previsto para as 11 horas.

 

Este sábado, 24 de decembro, Papá Noel chegará a Camariñas para visitar a todos os nenos e nenas do municipio, facendo unha cabalgata única na comarca que o levará a percorrer todas as rúas do municipio.

 

A recepción na casa do concello, por parte da alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, terá lugar ás 11 horas e a partir de aí, desde a Praza da Insuela, comezará o seu itinerario, que está previsto que remate pasadas as 20 horas.