Camariñas acenderá o Nadal este sábado ás 18:30 horas na praza do Concello

  • Haberá animación musical, obradoiros, ludoteca infantil, neve e espectáculo de luces, fogos de artificio, chocolate con churros e algodón de azucre.

 

O Concello de Camariñas acenderá o Nadal este sábado, 3 de decembro, ás 18:30 horas na praza do Concello, co que convoca á veciñanza a asistir a este acto de apertura dunhas datas moi sinaladas.

 

Haberá acendido de luces para dar paso á actuación do Coro Municipal “Brisas do Mar”, animación musical para a rapazada, así como obradoiros de Nadal, ludoteca, photocall, neve e espectáculo de luces, fogos de artificio, chocolate con churros e algodón de azucre.

 

Todas as actividades serán de balde e sin necesidade de inscricións previas.