IX Festa da Palilleira 08/12/2022

Estimada veciña, estimado veciño:

O vindeiro xoves 8 de decembro, vaise celebrar a IX Festa da Palilleira no Pavillón Municipal de Camariñas. Con este motivo, o Concello de Camariñas quere invitarlle a que o seu establecemento estea presente cun posto no pavillón da pista polideportiva.

Os postos de exposición ou venda poderán ter ata 6 m lineais, cun prezo do metro lineal de 10€/m, dos que os dous primeiros metros serán sen custo. No caso de solicitar máis de 6 m, e houbera dispoñibilidade, informarase a quen o solicitara antes do 3 de decembro. O custo abonarase o mesmo día 8. Os postos non dispoñen de sillas, mesas e outros elementos expositivos, polo que estes correrán a cargo dos establecementos participantes.

Ten ata o 25 de novembro para inscribirse no formulario que atopará no seguinte enlace: https://forms.gle/eM6Bme76DZwcseCcA. Tamén pode facelo cubrindo a ficha adxunta na Casa de Pedra.

Un saúdo.