07 Novembro, 2022
O Concello de Camariñas colaborou na construción dunha escola na rexión de Anantapur, na India, que xa é unha realidade. O centro educativo xa está en funcionamento e, para a súa creación, contou co financiamento de diferentes entidades que canalizaron este apoio a través da Fundación Vicente Ferrer.
A goberno local de Camariñas decidiu, no ano 2021, adquirir dúas obras da artista Amparo Sard, que nese momento expoñía a súa colección ‘La inercia de los escombros’ no Museo Man de Camelle, e doou o importe á Fundación Vicente Ferrer para financiar a construción da escola.
Esta compra xestionouse a través do proxecto Matatasombras, co que a Fundación, a través da arte, levou a cabo un proxecto de construción de escolas na India, e esta é a sexta.
Segundo explica o comisario de arte do proxecto Matasombras, Antonio Torres, as escolas constrúense “en zonas rurales donde no hai centros educativos, con el objetivo de ayudar, a través de la educación, a cambiar determinados hábitos sociales instaurados allí como puede ser el que dice que las clases bajas no pueden salir a la calle durante el día porque hasta su sombra es impura y no puede tocar a nadie”.