19 Outubro, 2022
O Concello de Camariñas celebrará o Samaín o domingo 30 de outubro co espectáculo de “Suaren Bataila”, da compañía Hípica Celta, que terá lugar a partir das 19 horas na praza do concello.
“Suaren Bataila” é un espectáculo maxistral con seres infernais que desexan acabar co mundo tal e como o coñecemos e que combina diferentes técnicas de lume, interpretación, danza e aéreos.
Antes, a partir das 18 horas, haberá inchables para os máis pequenos. A demais, a comisión de Festas do Carmen terá un posto de chocolate con churros e castañas asadas.