05 Setembro, 2022
O Museo Man de Camelle albergará, do 2 ao 25 de setembro, dúas exposicións que a asociación “Art amb B” trae a Camariñas a través do Instituto de Estudios Baleares: “Surf”, do reputado artista Pep Guerrero, e “Canyissos”, unha mostra colectiva de 16 autores.
A inauguración destas dúas exposicións, comisariadas por Toni Torres, terá lugar hoxe, venres 2 de setembro, ás 20 horas. Para a inauguración non estarán dispoñibles, por cuestións de transporte alleas á organización, as pezas de “Canyissos”, que chegarán a semana que vén.
En “Surf” as persoas que se acheguen poderán ver un total de 14 pezas, creadas a través de partes de táboas de surf, cortadas, que saen da parede ou do chan e nas que o artista multidisciplinar mallorquino Pep Guerrero incorporou as súa pinturas. “Paisajes, estampados de papel pintado, todo lo que me gusta lo incluyo en una pieza”, explica el artista.
No caso de “Canyissos”, exporanse 16 pezas formadas polas táboas que antigamente se usaban nun pobo de Mallorca chamado Porreres para secar albaricoques. Sobre elas traballaron 16 artistas diferentes, incluídos dous galegos: a camariñana Puri Lema del Río e o vimiancés Xurxo Martiño.