Rematan os campamentos de verán de Camariñas, que sumaron preto de 800 inscricións

Rematan os campamentos de verán de Camariñas, que sumaron preto de 800 inscricións

  • Os obradoiros de tempo libre celebráronse, por primeira vez, ademais de en Camariñas, na Ponte do Porto e en Camelle.

 

Hoxe, mércores 31 de agosto, rematan os campamentos de verán do Concello de Camariñas, que sumaron 783 inscricións entre a modalidade de obradoiro de tempo libre e a actividade náutica e que, por primeira vez se levaron a cabo, ademais de en Camariñas, na Ponte do Porto e en Camelle.  

 

No obradoiro de tempo libre houbo 583 inscritos (365 en Camariñas, 103 na Ponte do Porto e 115 en Camelle) mentres que no campamento náutico foron 200 as persoas que se anotaron (25 por quenda).

 

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, o concelleiro de Deportes, Fabián Canosa, e a concelleira Begoña Tajes estiveron cos participantes da última quenda para clausurar os campamentos de verán, que ofrecen unha alternativa de ocio e conciliación á mocidade e ás súas familias, moi necesaria nesta época estival.

Deportes

Contacto Deportes

Concello de Camariñas. Praza de Insuela
Tfno. 981736000
Técnico de deporte:
deportes@camarinas.net
Conc. Delegado Deportes:
fabian.canosa@camarinas.net