Cinco veleiros de La Turballe participarán na procesión do Carme de Camariñas

Cinco veleiros de La Turballe participarán na procesión do Carme de Camariñas

  • Onte, martes 12 de xullo, saíron de La Turballe e percorrerán 400 millas náuticas en catro etapas ata chegar ao porto camariñán o venres 15 de xullo.
  • A Confraría de Camariñas manterá unha reunión cos capitáns para explicarlles o desenvolvemento da procesión, a enfiliación e demais detalles da celebración.

 

Cinco veleiros da vila irmán de La Turballe participarán na procesión do Carme de Camariñas e percorreran a ría ata Muxía, engalanados como as embarcacións camariñás. As embarcacións visitarán Camariñas do 15 ao 18 xullo, continuando coas celebracións do quinto aniversario do irmandamento entre Camariñas e La Turballe. Esta é a terceira visita dunha delegación gala neste ano, trala Mostra do Encaixe e un mes despois de que 10 ciclistas fixeran o camiño de Santiago e continuaran ata Camariñas, percorrendo 1582 quilómetros.

 

Chegarán ao porto o venres 15 de xullo, previsiblemente pola tarde, tras percorrer 400 millas náuticas en catro etapas despois de que onte, martes 12 de xullo saíran de La Turballe. Os 11 tripulantes pertencen á asociación La Turballe Cap Camariñas, organizadora xunto cos concellos de La Turballe e Camariñas. O capitán do grupo, Alain Leloup, xa visitou Camariñas hai poucos años.

 

A Confraría de Camariñas manterá unha reunión cos capitáns para explicarlles o desenvolvemento da procesión, a enfiliación (lugar de cada barco na procesión) e demais detalles da celebración.As tripulacións están invitadas a un aperitivo no que participarán o patrón maior da Confraría de Camariñas e outros membros do Cabildo xunto coa alcaldesa Sandra Insua, a concelleira Encarna Liñeiro e membros do equipo de goberno.