03 Xuño, 2022
O Concello de Camariñas abriu hoxe, e ata o venres 10 de xuño, o prazo de preinscrición obrigatorio para participar nas actividades deportivas previstas para este verán, que ofrecen unha alternativa de ocio e conciliación á mocidade e ás súas familias.
Neste ano hai que ter enconta o seguinte:
Haberá dispoñibles 24 prazas por quenda nas actividades acuáticas.
No obradoiro de tempo libre, estarán dispoñibles 100 por quenda.
A orde de preferencia no suposto de recibir máis preinscricións que prazas será:
a) Persoas participantes empadroadas no Concello de Camariñas.
b) Resto de persoas interesadas.
No caso de que as preinscricións de persoas participantes empadroadas superen o límite de prazas previsto, estas, asignaranse mediante sorteo entre elas, para as quendas que o precisen.
No suposto que queden prazas non cubertas no caso anterior, farase sorteo para o resto de persoas interesadas, para as quendas que o precisen.
Non se dará por válida a preinscrición da mesma persoa na mesma quenda nas dúas actividades
As taxas pagaranse nun só pago, polo importe total das quendas nas que se matriculen definitivamente.
Preinscrición online: