TORNEO INTERNACIONAL DE FÚTBOL VETERANO

O Concello de Camariñas celebra esta fin de semana un Torneo Internacional de Fútbol Veterano. Será mañá, domingo 1 de maio. Ás 12:00h realizarase a recepción na Casa do Concello.

A partir das 12:30h comezará a competición no campo de fútbol Hermanas Patiño. No equipo inglés Footy Killers FC atopamos nomes coma o de Guillermo Bermúdez, camariñán en Londres e ex xogador do Camariñas CF. No equipo local de Lendas destacan os xogadores camariñáns Pirucho, Pepucho, Pedro Buxa, Carlos do Meu Lar, Marcote, Moro, Cholate.

Deportes

Contacto Deportes

Concello de Camariñas. Praza de Insuela
Tfno. 981736000
Técnico de deporte:
deportes@camarinas.net
Conc. Delegado Deportes:
fabian.canosa@camarinas.net