23 Marzo, 2022
O 16 de marzo publicouse no Diario Oficial de Galicia o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 ,entre as que se conta a Escola Infantil de Camariñas
O prazo de presentación de solicitudes, tanto para as de renovación de praza (código de procedemento: BS404B) como para as de novo ingreso (código de procedemento: BS404A), esta aberto ata o 08/04/2022.
Toda a información está dispoñible tamén na sede electrónica: https://sede.xunta.gal
Para a presentación das solicitudes e a documentación, as familias poderán facelo telematicamente no seguinte enlace (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365) ou facelo na propia escola:
Escola Infantil de Camariñas
Av/ Eugenio López, 36
5123 Camariñas
Teléfono: 981736104