21 Febreiro, 2022
O Concello de Camariñas, a través do departamento da Mostra do Encaixe, fixo o envío de 1.000 metros de encaixe de Camariñas para que os 25 participantes do XXVIII Concurso de Noveis Deseñadores poidan preparar as súas pezas para o evento, que se celebrará do 13 ao 17 de abril de 2022, durante a XXXI Mostra do Encaixe De Camariñas.
Os concursantes serán: José Daniel Teriffe, Egoitz Ruíz, Candela Mondelo e Natalia María González, Pablo Buendía e Jacobo Martí, Uxía Rodríguez, Andrea Piñeiro, Josu Santos, Álvaro Castillo, Enrique Sánchez, Nahomi Jiménez e Raquel Marina Blanco, Enrique Llera, Cantia Aparicio, Joaquín Ruíz, Vanessa Parente e Beatriz Chan, Sofía Sánchez, Llucía Miravalles, Alicia Rocamora, Orlinda Armandina Anchundia e Luigi Maldera, Bimba González e a de Pablo González.
A procedencia dos noveis deseñadores é moi diversa, xa que virán desde Asturias, Alicante, Guipúscoa, Pontevedra, Zaragoza, A Coruña, Cantabria, Zaragoza, Murcia ou Madrid. Formáronse nas mellores escolas a nivel estatal.
Desde o departamento da Mostra do Encaixe animan aos deseñadores e as deseñadoras noveis “a xogar coa versatilidade do encaixe, feito polas expertas mans das palilleiras” e amosan as súas gañas por “ver o que nos teñen preparado para esta ocasión os rapaces e as rapazas”.