17 Xaneiro, 2022
O Concello de Camariñas, o Club Balonmán Camariñas e a Federación Galega de Balonmán reuníronse onte para selar a súa unión co obxectivo de crear un proxecto para fomentar o balonmán no municipio en particular e na Costa da Morte en xeral.
No encontro, celebrado na casa do concello, estiveron presentes o concelleiro de Deportes, Fabián Canosa; o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López; o vicepresidente da Federación, Jesús Varela; o responsable federativo da Coruña, Borja Tajes; o presidente do Club Balonmán Camariñas, Andrés Cerdeiras; e a nova coordinadora xeral do club, Nerea López.
Ademais, a reunión tamén serviu como presentación da nova estrutura do Club Balonmán Camariñas, coa nova coordinadora xeral, Nerea López, ao fronte e dos seus proxectos a curto, medio e longo prazo, tratando de enfocar todos os esforzos para seguir promovendo o balonmán en Camariñas.
Tamén se acordou por parte dos tres estamentos a unión de forzas para retomar a actividade post COVID con máis forza e seguir coa posta en valor do balonmán, que xa conta con 27 anos de vida en Camariñas.