O Concello publica a sétima entrega de “Eu Son Camariñas” con Lucía Baña Ponte, avogada de Camelle

O Concello publica a sétima entrega de “Eu Son Camariñas” con Lucía Baña Ponte, avogada de Camelle

  • A protagonista exerce a súa profesión no bufete “Abrente abogados” e fala sobre as verdades e os mitos que rodean o seu oficio e sobre as implicacións de saltar ao traballo por conta propia.

 

  • Cada mes publicarase na páxina web eusoncamarinas.es un vídeo cunha entrevista a un veciño ou veciño de Camariñas que destaque no seu ámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou social.

 

O Concello de Camariñas publicou a sétima entrega do programa ‘Eu Son Camariñas’ que lle dá voz a Lucía Baña Ponte, unha avogada de Camelle que está a traballar actualmente na Coruña, no bufete ‘Abrente abogados’.

 

‘Eu son Camariñas’ é un proxecto municipal creado para dar visibilidade a diversos camariñáns que destacan no seu ámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou social. A proposta consiste en publicar mensualmente na páxina web www.eusoncamarinas.es un vídeo cunha entrevista a un destes camariñáns senlleiros.

 

Nesta ocasión o protagonista e Lucía Baña Ponte, unha abogada que estudou dereito na UDC e exerce a profesión no bufete “Abrente abogados”. Na entrevista fala sobre as verdades e os mitos que rodean o seu oficio tan visto nas grandes pantallas e ao mesmo tempo descoñecido no día a día da cidadanía. Tamén percorre Camelle, onde conta as implicacións de saltar ao traballo por conta propia, as dificultades e ilusións que se atopan na xente nova que trata de crear o seu propio camiño deste xeito.