Camariñas destina 40.000 euros á pavimentación da vía e reparación de beirarrúas na rúa Virxe do Monte

  • A obra, financiada a cargo do Plan Único da Deputación da Coruña, comezará nos próximos días.

 

O Concello de Camariñas levou a cabo o replanteo previo ao inicio das obras para a pavimentación da rúa Virxe do Monte e a reparación de beirarrúas, un proxecto que conta cun orzamento de 40.288,61 euros e que está financiado a través do Plan Único da Deputación da Coruña.

 

Os traballos, que comezarán nos próximos días, inclúen a demolición dos actuais bordos e beirarrúas así como do pavimento da vía para a súa posterior substitución por outro bordo prefabricado de formigón, a execución de novas beirarrúas en solera de formigón e a pavimentación da calzada con aglomerado asfáltico. Ao rematar, procederase ao pintado da sinalización na vía e dun paso de peóns.

 

A alcaldesa, Sandra Insua, destacou a importancia desta obra “xa que a rúa atopábase actualmente en mal estado debido ao paso do tempo e dificultaba o paso tanto de peóns como dos vehículos”.