Ofrenda floral para conmemorar o 131 aniversario do afundimento do Serpent

Ofrenda floral para conmemorar o 131 aniversario do afundimento do Serpent

 

  • Sandra Insua, Encarna Liñeiro e Begoña Tajes achegáronse ao Cemiterio dos Ingleses no día no que se cumpren 131 anos do afundimento do navío inglés.
  • Tamén se inaugurou hoxe unha exposición no paseo marítimo de Camariñas na que se pode ver documentación sobre os naufraxios.

 

A alcaldesa, Sandra Insua, e as concelleiras Encarna Liñeiro e Begoña Tajes levaron a cabo hoxe a tradicional ofrenda floral no Cemiterio dos Ingleses para conmemorar o 131 aniversario do afundimento do navío inglés Serpent.

 

Ademais, de xeito paralelo, inaugurouse no paseo marítimo de Camariñas unha exposición ao aire libre feita pola técnica de Turismo, Rosa Mouzo Pasantes, na que se poden ver imaxes, recortes de prensa e todo tipo de documentación sobre os naufraxios acontecidos na costa camariñana.

 

Por outra banda, o goberno local continúa a dar pasos no proxecto do Museo dos Naufraxios, que servirá para homenaxear a todos os mariñeiros afogados do municipio e que se agarda que pronto sexa unha realidade.

 

Cultura

Contacto Cultura

Plaza de Insuela 57 15123 Camariñas.
Teléfono: 981736000 – Fax: 981736199
Conc.Delegada de cultura:
encarna.lineiro@camarinas.net
Bibliotecaria: 
cultura@camarinas.net
Educadora: 
edu.adultos@camarinas.net