✅ Aprobados os festivos locais para o ano 2022, que serán o 1 de marzo (martes de Entroido) e o 18 de xullo (festas da Virxe do Carme). Votos a favor do PSOE e en contra do PP e do BNG.
✅ Aprobado o recoñecemento extraxudicial de créditos por valor de 276.568,73 euros para facer fronte a facturas pendentes. Votos a favor do PSOE e abstención do PP e BNG.
✅ Aprobouse por unanimidade solicitar á Deputación da Coruña unha subvención nominativa para a Mostra do Encaixe.