TOKAPP CAMARIÑAS

Que é  TokApp ? 

É unha aplicación de mensaxería instantánea para recibir no teu móbil novidades municipais (bandos, ofertas de traballo, actividades, cursos, subvencións,… ) dunha forma privada, segura e cumprindo coa lei de protección de datos. 

Vantaxes de usar  TokApp
 
* Gratuíta 
* Sen publicidade e sen mensaxes non desexadas 
* Moi poucas notificacións ao mes 
* Ninguén coñecerá o teu número de teléfono 
* Fácil de usar
* Máxima seguridade e privacidade 
* Soporte gratuíto no teléfono 886 080 996 

Como usar  TokApp ? 

-Podes descargala na Google Play Store ou picando en http://bit.ly/2D7Gxow 
Para iPhone vai á App Store ou entra en https://apple.co/2D7RRku 

Logo de elixir o teu nome de usuario, pica en Chat. Despois, vai a Suscripciones que está abaixo e á dereita da pantalla. En Buscar escribe Camariñas, elixe Concello de Camariñas e marca Información sobre Camariñas. 

-Se xa tes TokApp School da Escola Infantil, pica en https://bit.ly/2FI7O68 para subscribirte tamén ás novidades do Concello de Camariñas   

Aquí tes un vídeo tutorial de 2 minutos no que se mostran as principais funcións de TokApp: chat, busca, subscricións e axustes: https://bit.ly/2HsVzgl   

Se tes algunha dúbida, podes contactarnos no 981 73 70 04, na Casa de Pedra ou en adl @ camarinas.net