02 Xullo, 2021
PLAN DE EMPREGO LOCAL PEL – 2022
A Deputación da Coruña aprobou o Plan Emprego Local - PEL 2022 para impulsar o emprego e o emprendemento na provincia e fortalecer o tecido empresarial.
Pode consultar as axudas de outras administracións en https://camarinas.net/portal-cidadan/axudas-convocatorias-emprego/gl
PRAZO DE SOLICITUDE: do 11/04 ata o 11/05/22, ás 14.00 horas.
SOLICITUDES: telematicamente na plataforma SUBTeL: https://sede.dacoruna.gal/subtel
CONDICIÓNS XERAIS:
- Antigüidade máxima de 5 anos continuados na actividade.
- Gastos ou investimentos realizados entre o 01/01 e 31/12/2022.
- Os xustificantes de gasto terán que estar expedidos no período sinalado.
- Forma de pago dos bens: calquera modalidade de pagamento bancario.
PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO: axudas ao investimento en bens inventariables novos.
- Orzamento: de 3.500,00 a 25.000,00 € .
- Subvención do 70%: de 2.450,00 a 17.500,00 €.
- Convocatoria: https://bit.ly/3rFQfuK
PEL-AUTÓNOM@S: axudas para as cotas sociais de 2022 que no tiveran axuda, subvención, bonificación ou similar.
- Contía fixa de 200 €/mes. Mínimo 6, máximo 12 meses de 2022.
- Manter a actividade polo menos ata o 31/12/22 con seis mensualidades neste ano.
- Convocatoria: https://bit.ly/3k0faEN
PEL-PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN: axudas á contratación de pemes e microempresas.
- Custos da contratación en 2022, xornada completa ou parcial, mínimo 6 meses e máximo 12.
- Axuda: 70% dos custos de 2022, máximo 15.000 €
- Convocatoria: https://bit.ly/3timbgw
PEL-PEMES MANTEMENTO: axudas ao mantemento do cadro de persoal de pemes e microempresas beneficiarias do PEL-Pemes Creación e Ampliación 2021.
- Contratos indefinidos anteriores ao 28/03/22, dentro dos 12 meses consecutivos aos subvencionados polo PEL-Pemes Creación e Ampliación 2021.
- Axuda do 50% dos gastos de contratacións durante 12 meses, máximo 10.000 €, 11.000 para colectivos vulnerables, por xornada completa ou proporcional.
- Convocatoria: https://bit.ly/3lm7tey
INFORMACIÓN: Área de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas.
Cita previa no 981 73 70 04
****************************************************************************
http://www.camarinas.net/web/noticia.php?id_noticia=1696&id_seccionweb=108
****************************************************************************
****************************************************************************
http://www.camarinas.net/web/noticia.php?id_seccionweb=108&id_noticia=1627