Camariñas presenta o seu IV Plan de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes

  • Presentarase hoxe en pleno a proposta de renovación dun instrumento de traballo que estará vixente durante os próximos catro anos.
  • O III Plan de Igualdade acadou un grao de cumprimento global do 62,5%.

 

O goberno local levará hoxe, vernes 14 de novembro, a pleno (20 horas) a aprobación do IV Plan de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes (PIOM) do Concello de Camariñas. Un documento elaborado para dar continuidade ás políticas de igualdade adoptadas polo Concello nos últimos anos.

 

“A través desta folla de ruta preténdese marcar todos os obxectivos e as actuacións necesarias de cara á consecución do reto fundamental de construír unha sociedade baseada na igualdade e non na discriminación”, explica a alcaldesa Sandra Insua.

 

Unha vez finalizado o período de vixencia do III Plan de Igualdade Municipal (2019-2023), acreditando que se acadou un grao de cumprimento global do 62,5%, este cuarto PIOM supón a reafirmación do compromiso na loita pola igualdade coa aprobación dos anteriores Plans, e servirá como base de referencia e instrumento de traballo para os próximos catro anos (2024-2028).

 

O novo plan estrutúrase en 7 áreas de actuación, con 21 obxectivos e 70 accións concretas que buscan dar unha resposta eficaz aos desafíos actuais en materia de igualdade e as transformacións sociais. As sete áreas son: Mainstreaming de xénero na administración local; Empoderamento e participación social; Educación, sensibilización e concienciación; Emprego, conciliación e corresponsabilidade; Calidade de vida, saúde e benestar; Deporte e cultura; e Violencia de xénero e violencias machistas.

 

Os principios reitores do IV PIOM son: destacar á igualdade como motor social, afianzamento da transversalidade logrando que a igualdade de xénero atravese todas as políticas municipais e impregne todos os ámbitos sociais, respecto á diversidade e á pluralidade, empoderamento das mulleres, participación e corresponsabilidade civil, e sensibilización e formación.

 

Sandra Insua destaca que desde o goberno local “somos conscientes de que debemos seguir avanzando para conseguir a igualdade real e que esta se integre en toda a xestión pública municipal” e para isto “o PIOM ten o obxectivo de seguir acurtando as distancias no camiño da xustiza social”.

ENTREVISTA A ANA SAAVEDRA, FUNDADORA DE LA ASOCIACION MIRABAL

Con motivo del Día Internacional contra la Violencia de Género (25N), el Concello de Camariñas y el IES Pedra da Aguia han organizado un podcast con Ana Saavedra, fundadora de la Asociación Mirabal, dedicada dar apoyo y protección a víctimas de violencia de género y a sus menores. Durante la entrevista, se abordaron aspectos clave como la identificación de los distintos tipos de violencia machista y la importancia fundamental de hablar y denunciar estas situaciones.

 

Escoitar PodCast

Descargas

Igualdade e Servizos Sociais

Contacto

Casa de Pedra. Plaza de Insuela, s/n.
Tfno. 981737004 - Fax: 981736199
Concelleira de Servizos Sociais: 
begona.tajes@camarinas.net
Axente de igualdade: 
igualdade@camarinas.net