28 Xuño, 2024
Está aberto o prazo para solicitar praza no programa de Turismo do Imserso temporada 2024/2025
(BOE núm. 151, do 22 de xuño de 2024)
Requisitos das persoas usuarias. Poderán participar no programa:
A) As persoas residentes en España que reúnan algún dos seguintes requisitos:
- Ser pensionistas de xubilación do Sistema de Seguridade Social español.
- Ser pensionista de viuvez da seguridade social español con 55 anos cumpridos.
- Ser pensionistas por outros conceptos del sistema da Seguridade Social español, ou
perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con 60 anos cumpridos.
- Ser asegurado o beneficiario do sistema da Seguridade Social español con 65 anos
cumpridos.
B) Os españois residentes no estranxeiro sempre que reúnan os requisitos do apartado A).
C) Os emigrantes retornados a España sempre que sexan pensionistas dos sistemas públicos da
Seguridade Social do país ou países aos que emigraron.
As/os cónxuxes, parellas de feito ou persoas coas que constitúan unha unión estable con análoga
relación á conxugal, non precisan reunir os requisitos de idade nin pensión. Poderán ir acompañados
dos fillos/as con discapacidade cun grao igual ou superior o 45 %, sempre que viaxen cos pais,
compartan habitación ou abonen o suplemento establecido para habitacións individuais sempre que
haxa dispoñibilidade de prazas.
Destinos: - Opción A: Zona Costeira Peninsular.
- Opción B: Zona Costeira Insular.
- Opción C: Turismo de Escapada: circuitos culturales; turismo de natureza; capitales de provincia; ciudades de Ceuta e Melilla.
Prazo: do 1 ao 22 de xullo de 2014, preferiblemente por medios electrónicos na sede
electrónica do Imserso https://sede.imserso.gob.es . ou por outros medios.
Para máis información nos Servizos Sociais do Concello no teléf.: 981 73 70 04.