10 Febreiro, 2023
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de convocar no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 10 de febreiro de 2023, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Poderán solicitalos persoas maiores de 16 anos ou aquelas que os cumpran no ano natural da convocatoria.
Hai dúas modalidades:
Prazo: 15 días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, do 13 de febreiro ao 03 de marzo 2023.
Para ver datas, lugares e horarios dos cursos presenciais consultar anexo I da resolución do DOG no enlace que se sinala máis abaixo.
Cada persoa só poderá inscribirse nun único curso. Do contrario quedará automaticamente excluída do proceso de selección. A falsidade ou a ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes tamén dará lugar á exclusión automática.
Se un curso ten máis solicitantes que prazas dispoñibles, a asignación farase a través dun sorteo aleatorio puro. A orde de entrada das solicitudes de inscrición será indiferente.
A realización do curso non dará dereito a ningún tipo de certificación, por tratarse dun curso preparatorio para as probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega (Celga).
ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230210/AnuncioG0655-010223-0001_gl.pdf
MÁIS INFORMACIÓN:
SOLICITUDE DE INSCRICIÓN:
https://formacion-lingua.xunta.gal/
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 – 14:00