LISTAS SERGAS. RELACIÓN PROVISIONAL ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS E RESULTADOS PROVISIONAIS DE BAREMACIÓN DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUTARIO

LISTAS SERGAS. RELACIÓN PROVISIONAL ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS E RESULTADOS PROVISIONAIS DE BAREMACIÓN DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUTARIO

O Servizo Galego de Saúde publicou, a través da Dirección Xeral de Recursos Humanos, unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 13 de xaneiro de 2023 pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categoría de persoal estatutario. 

 

Categorías: 

- Enfermeiro/a

- Enfermeiro/a da Función Pública Urxencias Sanitarias de Galicia – 061

- Técnico/a en coidados auxiliares de enfermería

 

As listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as coa asignación aos primeiros da puntuación e a orde de prelación provisionais acadadas atópanse publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es

 

Ademais o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.


As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia para presentar reclamación ante as xerencias das áreas sanitarias e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade.


As persoas que, presentando debidamente solicitude de inscrición, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

 

RESOLUCIÓN DO DOG: 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230113/AnuncioG0003-301222-0004_gl.pdf

 

ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/Recursos-Humanos/Novo-pacto-sobre-selección-de-persoal-estatutario-temporal-no-ámbito-do-Servizo-Galego-de-Saúde-e-entidades-públicas

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL

CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746

margarita.seijas@camarinas.net

LUNS A VENRES: 9:00 – 14:00