Camariñas instala nas parroquias sinais contra a violencia de xénero para conmemorar o 25N

  • Ademais, levaranse a cabo obradoiros, obras de teatro, un recital poético e a lectura dun manifesto.

 

O Concello de Camariñas instalou nas cinco parroquias do municipio (Camariñas, Ponte do Porto, Arou, Xaviña e Camelle) sinais contra a violencia de xénero, unha iniciativa promovida dentro dos actos programados para conmemorar o 25N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

 

Nos sinais instalados pódese ler o nome da parroquia acompañado da frase ‘Contra o maltrato tolerancia cero’. Esta actuación está subvencionada a través do Pacto de Estado contra la violencia de género do Goberno de España.

 

Ademais, a programación inclúe tres obradoiros co alumnado de sexto de primaria dos centros de Camariñas e Ponte do Porto e co alumnado de primeiro e segunda da ESO no IES plurilingüe Pedra da Aguia de Ponte do Porto.

 

Mañá, mércores 23 de novembro, ás 12:30 horas representarase a obra ‘Amantis’ da compañía Rebordelos, unha peza teatral dirixida á mocidade onde se promove a igualdade e se rexeitan as actitudes machistas.

 

Xa o propio día 25 de novembro, ao redor das 12 horas, os rapaces e rapazas do IES Pedra da Aguia lerán un manifesto contra a violencia de xénero e desenvolverán un recital poético apoiado de diversos carteis e acompañado dunha peza musical. Neste acto estarán acompañados pola alcaldesa Sandra Insua e a concelleira de servizos sociais e Igualdade do Concello de Camariñas, Begoña Tajes.

Igualdade e Servizos Sociais

Contacto

Casa de Pedra. Plaza de Insuela, s/n.
Tfno. 981737004 - Fax: 981736199
Concelleira de Servizos Sociais: 
begona.tajes@camarinas.net
Axente de igualdade: 
igualdade@camarinas.net