Camariñas acolle un curso gratuíto en competencias dixitais para mulleres

  • A presentación terá lugar o venres 11 de novembro ás 16:30 horas na pranta baixa da Casa de Pedra.
  • Ao rematar o curso as participantes reicibrán unha tablet.

 

O Concello de Camariñas acollerá un curso gratuíto en competencias dixitais para mulleres. A presentación terá lugar o venres 11 de novembro ás 16:30 horas na pranta baixa da Casa de Pedra e os requisitos para participar son: ser muller e estar en situación de desemprego ou inscrita como demandante de mellora de emprego.

 

As participantes recibirán formación en competencias dixitais e, ademais, levaranse unha tablet de agasallo. Para máis información as interesadas poden consultar en www.mullerdixital.gal, escribir a promotor3@mullerdixital.gal ou no teléfono 621 180 898.

 

Muller Dixital é un programa financiado con fondos Next Generation da Unión Europea e promovido pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Igualdade e Servizos Sociais

Contacto

Casa de Pedra. Plaza de Insuela, s/n.
Tfno. 981737004 - Fax: 981736199
Concelleira de Servizos Sociais: 
begona.tajes@camarinas.net
Axente de igualdade: 
igualdade@camarinas.net