DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA

DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA NIVEIS CELGA 1, 2, 3 e 4 NO ANO 2022

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 4 de maio as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2,3 e 4, no ano 2022.

 

Datas de realización das probas:

 

Celga 1: en Santiago de Compostela

               11 de xuño: todas as persoas admitidas.

 

Celga 2: en Santiago de Compostela e en Ponferrada

               5 de xuño: todas as persoas admitidas.

 

Celga 3: en Santiago de Compostela e en Ponferrada

4 de xuño: todas as persoas admitidas.

Celga 4: en Santiago de Compostela e en Ponferrada

28 de maio: persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha da seguintes letras: T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G.

29 de maio: persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R e S.

 

No caso daquelas persoas ás cales, atendendo a causas xustificadas, se lles concedese algún tipo de adaptación ou apoio, a Secretaría Xeral de Política Lingüística comunicaralles directamente o día, a porta de acceso e aula correspondentes.

 

Os centros e horarios de realización das probas, así como as listaxes de persoas admitidas para cada nivel e localidade, poden consultarse na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias

 

Todas as persoas que se presenten a estas probas deberán respectar as medidas que exixan e/ou recomenden as autoridades sanitarias segundo a evolución da pandemia da COVID-19 e que, de ser o caso, se publicarán na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

 
 

ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG: 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220504/AnuncioG0598-260422-0001_gl.pdf

 

MÁIS INFORMACIÓN:

www.lingua.gal

ou CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL

CASA DE PEDRA    981 737004 / 653260746 

margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 – 14:00

Descargas