27 Abril, 2022
O Concello de Camariñas continúa neste ano 2022 coa campaña de captación de participantes para realizar compostaxe doméstica en sus casas. Dende o ano 2021 manten este programa que ten recibido una importante participación da cidadanía.
O compromiso pola mellora do medio ambiente, a redución da pancada de ozono e minimización do uso de fertilizantes ven apoiado por máis de 150 familias que están participando neste programa.
Está aberto o prazo para as persoas interesadas en participar realizando compostaxe doméstica. Recibirá gratuitamente un composteiro, unha guía práctica de compostaxe e pode ter apoio, información e intercambiar experiencias co grupo de compostadores/as que forman a rede de Camariñas.
A ficha de inscrición e compromiso pode descagarse no seguinte enlace
Para máis información e inscricións pode contactar coa Área de desenvolvemento local do Concello de Camariñas 981 737 004 medioambiente@camarinas.net