PEL FORMACION. AXENDA EMPRENDEDORA /(Deputación da Coruña)

Accións formativas gratuítas para persoas desempregadas da provincia da Coruña. Prazas limitadas e inicio previsto no mes de MAIO 2022

 

  • PLANIFICACIO E INICIATIVA EMPRENDEDORA EN PEQUENOS NEGOCIOS.

Total horas 298h (120 h teóricas e 120h prácticas e formación complementaria en ofimática). Sede: Concello de CEE

 

  • EMPRENDIMIENTO SOCIAL E ECONOMIA CIRCULAR

Total horas: 372h (150h teóricas e 150h prácticas e módulos complementarios) Sedes: Brión e Oleiros

 

Presentar solicitude e documentación no Concello de Camariñas previa entrevista coa Axencia de desenvolvemento local 981737004 adl@camarinas.net

 

PRAZO DE SOLICITUDE. Ata 9 de maio

 

Documentación

  • Formulario, declaración e compromiso debidamente cumprimentado e asinado no que se sinale ao inicio á acción formativa que solicite e ónde a quere realizar.
  • Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Número de Identificación de Estranxeiros (NIE) no seu caso.
  • Certificación emitida polo SEPE de estar inscrita como persoa desempregada.
  • No caso da mocidade (menores de 30 anos), certificado de inscrición no sistema de garantía xuvenil.
  • Certificado ou Volante de empadroamento.
  • Documento acreditativo ou informe emitido polos  servizos sociais municipais que confirme a situación de vulnerabilidade, cando corresponda.
  • Documento de concesión de prestacións sociais e/ou económicas (RISGA, PNC, pensión contributiva, rendas activas de inserción, prestación por desemprego, subsidio por desemprego, etc.)
    ou Certificado emitido polo SEPE de non figurar como beneficiario de prestación ou subsidio de desemprego xunta á Declaración responsable da solicitante de non percibir rendas ou ingresos mensuais, iguais ou superiores ao 75% do IPREM vixente

Axuda económica para as persoas participantes. Abonarase nun único pago ao final da actividade

axuda económica en forma de bolsa se carecen de rendas ou ingresos de calquera natureza, iguais ou superiores en cómputo mensual ao 75% do IPREM vixente cada ano, segundo o establecido na lei de Orzamentos Xerais do Estado.

Para poder percibir esta axuda, a persoa participante deberá completar o itinerario de formación, obtendo o diploma acreditativo ou o certificado de profesionalidade que corresponda, admitindo so ausencias xustificadas de ata o 10% das horas totais da duración. No caso de ausencias superiores ao 10%, aínda que foran xustificadas, non se considerará completado o itinerario formativo e perderase o dereito á obtención da bolsa económica

Descargas