18 Marzo, 2022
Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 17 de marzo de 2022 unha orde pola que se convoca o proceso selectivo unitario para a provisión mediante contrato laboral temporal de postos de auxiliares de policía local
Prazas: 129
O código do procedemento regulado nesta orde é PR461A.
Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación no DOG. Do 18 ao 31 de marzo (ambos inclusive)
Taxa dereitos de exame: 26,99 € (consultar na orde exencións e bonificacións no aboamento da taxa)
Requisitos das persoas aspirantes:
- Ser español/a ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, nos termos previstos no artigo 57 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.
- Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das tarefas propias do posto
- Ter cumpridos os 18 anos e non exceder, de ser o caso, da idade máxima establecida no artigo 53.1.c) do Real decreto lexislativo 5/2015
- Non ter sido condenado/a por delito doloso nin separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin encontrarse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.
- Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente ou en condicións de obtelo na data en que termine o prazo de presentación de instancias. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán acreditar a súa homologación.
- Estatura mínima de 1,65 metros para os homes e 1,60 metros para as mulleres
MÁIS INFORMACIÓN:
ORDE DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220317/AnuncioG0595-140322-0001_gl.pdf
ENLACE PROCEDEMENTO SEDE ELECTRÓNICA:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=PR461A
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 – 14:00