15 Marzo, 2022
O Servizo Galego de Saúde vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 15 de marzo de 2022 unha resolución pola que se publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.
Categorías:
- Celador/a
- Celador/a quenda de discapacidade intelectual
- Técnico/a en farmacia
- Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía
- Técnico/a superior en dietética
- Técnico/a superior en documentación sanitaria
- Técnico/a superior en hixiene bucodental
- Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico
- Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico
- Técnico/a superior en radioterapia
As listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as coa asignación aos primeiros da puntuación e da orde de prelación provisionais acadadas atópanse publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es
Ademais o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia para presentar reclamación ante as xerencias das áreas sanitarias e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade.
As persoas que, presentando debidamente solicitude de inscrición, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.
RESOLUCIÓN DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220315/AnuncioG0003-030322-0004_gl.pdf
ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/Recursos-Humanos/Novo-pacto-sobre-selección-de-persoal-estatutario-temporal-no-ámbito-do-Servizo-Galego-de-Saúde-e-entidades-públicas
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES:9:00 – 14:00