LISTAXES CONTRATACIÓN TEMPORAL PERSOAL LABORAL E INTERINO DA XUNTA DE GALICIA

LISTAXES CONTRATACIÓN TEMPORAL PERSOAL LABORAL E INTERINO DA XUNTA DE GALICIA

A Xunta de Galicia vén de publicar unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 28 de febreiro de 2022 pola que acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades.  


Visto o número de contratacións e nomeamentos realizados no ano 2021 e o número de persoas inscritas en cada lista resólvese:

  
-  Pechar a incorporación de novas solicitudes ás listas correspondentes aos grupos, categorías, escalas e especialidades que se indican no anexo II. 

 

-  Reabrir as listas correspondente aos grupos, categorías, corpos e escalasPechar a incorporación de novas solicitudes ás listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos e escalas e especialidades que se indican no anexo I. 

 

 -  Relacionar as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos,  escalas e especialidades que se atopan abertas e nas que as persoas interesadas poderán presentar solicitude de inclusión no período comprendido entre o 1 de marzo e o 30 de abril deste ano (anexo III) 

 

- Relacionar as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades pechadas e nas que soamente se poderán inscribir aquelas persoas que, para a lista correspondente, superasen algunha proba do último proceso selectivo do grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade, ou teñan prestado servizos na Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou en entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que teñan publicadas relacións de postos de traballo para a lista correspondente a ese grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade (anexo IV)  


Listas abertas (Anexo III):
 


Persoal funcionario:   

  • Escala de facultativos. Especialidade medicina
  • Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos
  • Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de minas

 

  • Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de montes.
  • Escala de veterinarios
  • Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en lexislación marítima
  • Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en navegación marítima
  • Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en pesca marítima/bioloxía pesqueira
  • Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en inglés marítimo
  • Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en medicina subacuática e hiperbárica
  • Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en intervencións subacuáticas e hiperbáricas
  • Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en comunicacións
  • Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e instalacións mariñas
  • Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos sanitarios
  • Escala técnica de facultativos, Especialidade enfermaría
  • Escala técnica de facultativos. Especialidade fisioterapia.
  • Escala técnica de facultativos. Especialidade terapia ocupacional
  • Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas
  • Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica de minas
  • Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en traballos técnicos de mergullo
  • Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e produción
  • Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en servizos ao buque
  • Escala de axentes facultativos ambientais (a extinguir)
  • Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia
  • Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade patrón.
  • Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade mecánico.
  • Escala de auxiliares de clínica

 

 

 

Persoal laboral: 

o  Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios.

  • Xefe/a de cociña
  • Oficial/a 1ª cociña. Oficial/a 1ª cociñeiro/a. Xefe/a de cociña. Cociñeiro/a 1ª 
  • Oficial/a servizos técnicos. Oficial/a 1ª mantemento. Oficial/a 1ª oficios varios. Oficial/a de primeira 
  • Animador/a sociocultural
  • Intérprete de linguaxe de signos
  • Oficial/a 2ª cociña. Cociñeiro / a oficial/a 2ª   
  • Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª de mantemento  
  • Camareiro/a-limpador/a. Axudante de cociña. Pasador/a de ferro-lavandeiro/a. Costureiro/a. Cortador/a. Pasador/a de ferro. Lavandeiro/a

 

Requisitos:  
Imprescindible ter unha titulación oficial e certificado de lingua galega  (consultar requisitos específicos para cada categoría nos enlaces que se sinalan máis abaixo)  

 

Prazo de solicitude: do 1 de marzo ao 02 de maio de 2022

 

ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220228/AnuncioG0597-210222-0005_es.pdf

 

PARA CONSULTAR REQUISITOS, TRÁMITES A REALIZAR E INSCRIBIRSE NAS LISTAS:

http://www.xunta.es/funcion-publica/contratacion-temporal/xeracion-de-solicitudes


OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL

CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746  

margarita.seijas@camarinas.net

Luns a venres 9:00 – 14:00