02 Marzo, 2022
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 15 de febreiro as probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais para o ano 2022.
Código de procedemento: ED527A
Carnés profesionais:
- Carné profesional en instalacións térmicas de edificios
- Carné profesional de operador/a de guindastre torre
- Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A
- Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B
Habilitacións profesionais:
- Operador/a industrial de caldeiras
- Instalador/a de gas, categoría A
- Instalador/a de gas, categoría B
- Instalador/a de gas, categoría C
- Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I
- Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II
- Reparador/ de produtos petrolíferos líquidos, categoría III
- Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados
- Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados
- Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.
REQUISITOS:
- Estar en idade legal laboral ou ter a idade mínima que, de ser o caso, poida exixir a normativa sectorial correspondente.
- Requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente.
TAXAS DE EXAME: 41,59 €
PRAZO:
IMPORTANTE: Na primeira convocatoria non se convocan probas para a obtención de todos os carnés e habilitacións profesionais recollidas nesta orde. Consultar no DOG cales son os convocados.
ORDE DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220215/AnuncioG0598-080222-0001_gl.pdf